Abriuse o prazo para inscribirse na XV edición do Campionato de Tute do Concello de Cervo no que poderán participar equipos formados por asociacións, clubs e bares que deberán ser do termo municipal e deberá contar con catro parellas, que disputarán os seus enfrontamentos nun sistema de liguiña, todos os martes e xoves. As partidas realizaranse nos bares ou lugares establecidos polos propios equipos que fagan de anfitrión, con enfrontamentos de ida e volta, tras os que, os compoñentes dos tres equipos que encabecen a clasificación e mailo bar ou entidade que os represente, recibirán os correspondentes trofeos. O prezo de inscrición será de 170 euros por bar ou entidade patrocinadora e 15 máis por cada un dos xogadores, (290 € en total), cantidade dirixida a sufragar o custe da cea final, de entrega de premios e agasallos, na que participarán todos os inscritos. Os bares e entidades interesadas en participar deberán inscribirse o martes, 20 de outubro, nunha xuntanza que terá lugar ás 19.00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián.
Aberto o prazo para inscribirse na XV edición do Campionato de Tute do Concello de Cervo
Aberto o prazo para inscribirse na XV edición do Campionato de Tute do Concello de Cervo
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela