BURELA (FNC) .-Ás 17:00 horas terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela a presentación dos cursos de tempo libre para mulleres 2009-2010 que foron organizados pola Delegación de Igualdade a través do CIM.
A edil nacionalista, Neves Cando, sinala que “como o ano pasado ofrecemos ás nosas mulleres a posibilidade de anotarse a manualidades, bordado, bolillos e baile de salón, e a resposta foi moi positiva posto que a día de hoxe temos 177 mulleres anotadas a bordado, 159 a manualidades, 90 a bolillos e 41 persoas (homes e mulleres) a bailes de salón”.
Esta tarde terá lugar o reparto dos turnos dos distintos cursos. “Os de manualidades, bordado e bolillos darán comezo a vindeira semana a partires do 13 de outubro e o baile de salón será á volta das vacacións de nadal, en xaneiro do ano que ven”, explicou a concelleira de Igualdade.