NOTA DE PRENSA
19.300€, aportación da Xunta ás bibliotecas dos centros de ensino de Burela.
Os populares valoran positivamente a aportación da Xunta.
O PP tamén destaca o traballo dos docentes.
O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa a súa satisfacción pola concesión de catro axudas ós catro centros de ensino de Burela por parte da Xunta de Galicia e que ascenden a un total de 19.300’00€ que terán como finalidade a mellora das respectivas bibliotecas escolares.
O PP, que tamén destaca o labor dos educadores que traballan nos centros de ensino e a fiabilidade e viabilidade dos proxectos presentados, esta aportación de fondos repercutirá positivamente na formación da poboación escolar burelesa. Os populares lembran que esta liña de axudas xa aparecia nos presupostos da Xunta de 2005, que foran aprobados pola anterior Xunta do PP. Asimismo, estas axudas demostran o compromiso da administración autonómica en materia de ensino público.