NOTA DE PRENSA
OS SOCIALISTAS DIN QUE A SENTENCIA DA PISCIFATORIA DE RINLO, EN RIBADEO “É UNHA BOFETADA” Á POLITICA ACUICOLA DO GOBERNO DE FEIJOO
-A portavoz de Pesca, Marsiol Soneira reclama ao Goberno de Feijoo responsabilidade “que pense no futuro do sector acuícola e no seu potencial económico e de creación de emprego”
-Di que a solución no pode pasar por obviar os valores medio ambientais como acaba de demostrar esta sentencia.
-Dende o PSdeG-PSOE reclamamos ao Goberno de Feijoo que reflexione e que de cumprimento ao Plan Galego de Acuicultura actualmente en vigor como mellor formula para garantir a viabilidade xurídica e económica dos proxectos que están agardando a ser desenvolvidos en Galicia
Vigo, 7 de outubro de 09. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, valorou hoxe a sentencia do TSXG sobre a ubicacion da piscifactoría de Rinlo en Ribadeo, que promovía a empresa Acuinor S.L. propiedade de Ramón Álvarez-Cascos.
A deputada socialista sinala que esta sentencia “non fai mais que demostrar que o Plan Galego de Acuicultura defendido polo anterior Goberno, e actualmente en vigor, era o mellor instrumento para defender a costa Galega, e ao mesmo tempo apostar pola acuicultura como motor de desenvolvemento”.
A portavoz relata que esta sentencia refírese a unha denuncia da organización ecoloxista ADEGA, que estaba en contra da ubicacion da planta, xa que entendía que se instalaba nunha zona a Rede Natura, e que ademais estaba afectada por un LIC (Lugar de Interese Comunitario). Soneira lembra que o Plan Galego de Acuicultura, actualmente en vigor, propuxo outra ubicacion, próxima a este emprazamento e que respondía plenamente a criterios medio ambientais.
A responsable de Pesca di que esta sentencia “ é unha bofetada na cara aos argumentos do Goberno de Feijoo, por canto esta é unha sentencia contra o Plan de López Veiga, e que o Goberno actual quere resucitar en Touriñán”. Soneira fixo estas declaracións en Conxemar en Vigo, donde esta mantendo reunións de traballo para coñecer as demandas do sector.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista pedimos racionalidade ao Partido Popular. Reclamamos ao Goberno de Feijoo responsabilidade “que pense no futuro do sector acuícola e no seu potencial económico e de creación de emprego”, relata Soneira. E insiste “que se esqueza de actitudes de partidos extraparlamentarias, levadas adiante durante a súa etapa de oposición e que pense no futuro do sector”, explica.
Soneira considera que tódolos Grupos Parlamentarios temos traballar en buscar solucións para o desenvolvemento de todo o potencial económico desta actividade. E sinala que a solución no pode pasar por obviar os valores medio ambientais como acaba de demostrar esta sentencia.
Por último dende o PSdeG-PSOE reclamamos ao Goberno de Feijoo que reflexione e que de cumprimento ao Plan Galego de Acuicultura actualmente en vigor como mellor formula para garantir a viabilidade xurídica e económica dos proxectos que están agardando a ser desenvolvidos en Galicia.