Membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” realizaron este domingo 27 de setembro unha camiñata de 12 quilómetros que os levou dende a Praza da Catedral de Mondoñedo ata o entorno do San Cosme da Montaña, no día que se celebraba a romaría. Despois de repoñer forzas, a media tarde un autobús desprazounos ata Mondoñedo onde desfrutaron dunha visita guiada ao Museo e á Catedral.
Camiñata ó San Cosme da Montaña e visita á Catedral de Mondoñedo