CERVO .- Por sétimo ano consecutivo o grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo participará no Mes do teatro Amistade de Ferrol que este ano cumpre a súa XIV edición Este sábado representará “O espello do prestamista” no Local del Río inaugurando así a programación na que tamén foi incluído , por primeira vez ,o grupo de teatro “A Adala” de Fazouro para representar “Fobias con amor” ó sábado seguinte. Deste xeito o director de ámbolos dous grupos mariñáns , Francisco Piñeiro, logra situar ,entre as cinco pezas do cartel, tres da súa autoría pois o grupo anfitrión “Amistade” estreará “Anosocoria2”, unha peza escrita expresamente para eles polo mesmo autor.
“O Bordelo” participará no Mes do Teatro Amistade de Ferrol