Nota de Prensa
ISMAEL REGO PREGUNTA NO PARLAMENTO POLO PLAN FUNCIONAL DO HOSPITAL DA COSTA DE BURELA
-A iniciativa rexistrada polo deputado socialista será debatida este venres na Comisión 5ª da Cámara Autonómica
Burela , 30 de setembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou unha pregunta oral en comisión no Parlamento, na que solicita saber si foi entregado á Consellería de Sanidade o Plan Funcional do Hospital da Costa.
A iniciativa rexistrada polo deputado socialista será debatida este venres na Comisión 5ª da Cámara Autonómica.
O deputado quere coñecer que valoración fai a Consellería de dito plan, e que previsións manexa sobre a necesaria ampliación do mesmo.