NOTA DE PRENSA
MÁIS DE 100 PERSOAS MOBILIZANSE POLA APERTURA DA GALESCOLA
Basanta agarda que o anuncio da Consellaría de Traballo non sexa só propaganda
Máis de 100 persoas acudiron hoxe á mobilización convocada polo BNG para demandar a apertura da Galescola ubicada no inmóbel do antigo hotel Bahía para esixir o cumprimento do convenio asinado en decembro do ano pasado entre o Concello e a propia Xunta e na que esta se comprometía a abrir esta escola infantil neste mes de setembro, unha escola infantil que hai moito tempo que o pobo de Foz viña reclamando e que ía a supor que máis de 60 nenos e nenas puideran recibir a educación que merecen e que as súas familias puideran compaxinar a vida laboral e familiar.
Se ben é certo que a Galescola podería estar funcionando debido ao retraso do Concello en integrarse na rede de galescolas, tamén é certo que non imos a permitir que a Xunta falte ao seu compromiso con este pobo.
A valoración do BNG do anuncio feito onte pola Consellería de Traballo de abrir o prazo de matrícula coincidindo con esta concentración está claro que se fai coa intención de desmobilizar á poboación. Pero esto en vez de achicarnos no noso empeño danos máis folgos para seguir reclamando a escola infantíl. Este feito danos a razón cando afirmabamos que o problema non era presupostario senón só de vontade política e o que realmente conseguen é que teñamos máis convencidos nesta reivindicación e seguir mobilizándonos posto que está claro que este goberno actua só cando ve un pobo unido diante.
O BNG agradece a presencia dos asistentes mentres o PP estaba de festa e paparota en Silleda. Todos neste asunto cremos nos servizos públicos e que estes servizos en vez de decrecer –como eles pretenden- vaian cada vez ampliándose máis. Porque estamos convencidos que estes servizos públicos é a garantía de que vaiamos avanzando na igualdade social e no benestar das persoas, independentemente de quen sexamos, de onde veñamos ou onde vivamos. Basanta afirmou que: “Non renunciamos nin renunciaremos nunca a perder servizos que foron conquistados polo noso pobo como tampouco renunciaremos nunca á nosa identidade, como focegos e galegos”.
Por eso, as persoas presentes na concentración diante da Galescola acordaron esixir da Xunta de Galiza que cumpra coa súa palabra e que abra as súas portas coa máxima urxencia e dunha vez por todas. Concluíu Basanta a súa intervención advertindo que “todos os que estamos aquí estaremos alerta de que as decisións da Xunta coa galescola non queden en mera propaganda e de que sexa unha realidade canto antes