NOTA DE PRENSA:
A diputada popular Emma Álvarez denuncia a falta de coherencia do BNG e do seu responsable comarcal na mariña
A PREOCUPACIÓN DE ANTONIO VEIGA POR REPARAR OS EFECTOS DO KLAUS CHEGA TARDE E MOSTRA A SÚA INCOHERENCIA POLÍTICA
* Antonio Veiga, o pasado 31 de marzo, vota na Diputación de Lugo en contra dunha moción presentada polo partido popular que pedía que esta Administración lle comunicara ós concellos os prazos previstos para a execución das obras de reparación dos danos das infraestructuras deportivas e culturais, asumindo o compromiso de axuda económica.
* A falta de Coherencia do dirixente nacionalista levao, 5 meses máis tarde, a impulsar a presentación nos concellos de mocións que piden que o Pleno da Corporación se dirixa a Consellaría de Medio Rural a fin de que proceda a retirar a madeira derrubada nos montes do Concello como consecuencia dos efectos do ciclón Klaus.
* Os populares apoiaremos as mocións presentadas polo BNG nos Concello aínda que estas cheguen tarde, despois de que dende a Consellería se anunciase que en Novembro estaría retirada toda a madeira dos montes privados.
Santiago, 26 de setembro do 2009.- A falta de coherencia nos feitos, demóstranos unha vez máis, que o BNG non é de fiar e que o responsable comarcal na Mariña é un home de pouca coherencia. Cando se pide a colaboración da Diputación para a reparación dos danos nas infraestructuras deportivas e culturais vota en contra, el e o seu grupo, da moción presentada polos populares ante o Pleno da Diputación, sin embargo cinco meses despois sae ós medios de comunicación como defensor dos dagnificados polo ciclón Klaus. A falta de coherencia destes feitos demóstranos que o interés que ten o Sr. Veiga en retirar a madeira do Klaus é simplemente por facer política, xa que cando tivo a ocasión de facer algo polos Concellos afectados por este fenómeno atmosférico non dubiu en rexeitar a axuda, iso que era para unha área da que el é responsable na Diputación e sobre todo cando hai que ter en conta que a Diputación e o Órgano Supremo para os Concellos de menos de 20000 habitantes, na provincia de Lugo: todos agás Monforte e Lugo.
Os populares da Mariña apoiaremos nos Concellos as Mocións presentadas polo BNG posto que por encima das siglas están o sentido común e os intereses dos veciños, aínda que creemos que son mocións inútiles posto que a madeira estará retirada en Novembro e non antes, precisamente pola ineficacia da orde que elaborou o seu partido no Goberno, posto que si fora unha orde máis áxil poderíase ter realizado antes, non sería necesario esperar a mediados de Xuño para iniciar a tramitación das solicitudes peresentadas.