O luns, 28 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de tempo libre que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) de Burela. A concelleira de Igualdade, Neves Cando, indica que “os cursos que se ofertan son de manualidades, bordado, bolillos e bailes de salón. Todos dirixidos a mulleres, agás o de bailes de salón no que poderán participar homes”. As persoas interesadas en participar deben estar empadroadas e Burela. Para anotarse deben presentar o DNI e acudir ó CIM de 8 a 15 horas. Consultas ó teléfono ao 982 580 609.
Abre o prazo de inscrición para cursos de tempo libre que organiza o CIM de Burela
Abre o prazo de inscrición para cursos de tempo libre que organiza o CIM de Burela
Relacionado
-
A Garda civil imputa en Ribadeo en calidade de investigada a unha veciña de Monterroso, de 35 anos de idade, como suposta autora dun delito de furto
-
Adiada a xornada de iniciación á calistenia en Cariño polas condicións climatolóxicas adversas
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este mércores