Nota de Prensa
Xa se están a licitar as obras de adecuación do hangar do helicóptero para acoller as instalacións necesarias para albergar a garda presencial do persoal necesario para voar e manter en estado operativo o aparello
A XUNTA CONFIRMA QUE NOS PRIMEIROS MESES DO 2010 O PESCA 2 DISPORÁ DE DOBRE TRIPULACIÓN O QUE GARANTE A SÚA OPERATIVIDADE OS 365 DÍAS DO ANO, AS 24 HORAS DO DÍA
• O Goberno de Feijóo destinará máis dun millón de euros na dotación dunha segunda tripulación de reforzo para o helicóptero con base en Celeiro.
• O secretario xeral do Mar confirma que non existía, no momento da chegada do novo equipo directivo, consignación orzamentaria algunha para destinar fondos a ampliación do persoal con base en Celeiro.
A Mariña, 25 de setembro de 2009.- O secretario xeral da Consellería do Mar, Francisco José Vidal-Pardo confirmou en resposta a pregunta dos deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol que a Xunta de Galicia destinará máis dun millón de euros na dotación dunha segunda tripulación de reforzo para o helicóptero dos Gardacostas de Galicia con base en Celeiro, o Pesca 2. O devandito compromiso supón a plasmación dun compromiso electoral acadado por esta formación política nos últimos anos.
O BIPARTITO NON PREVÍA ESTE INVESTIMENTO
Tamén puido coñecerse que a Consellería do Mar xa está a licitar as obras de adecuación do hangar do helicóptero para acoller as instalacións necesarias para albergar a garda presencial do persoal necesario para voar e manter en estado operativo o aparello. O Goberno galego traballa para mellorar a calidade da prestación dun servizo que veu amosando serias carencias e deficiencias nos últimos anos. Balseiro lembrou que, malia a evidencia destas carencias, o bipartito negou unha e outra vez a posibilidade de acometer este reforzo e que incluso, destacados dirixentes do PSOE e do BNG, chegaron a defender o servizo funcionaba perfectamente e que os homes e mulleres do mar da costa norte de Lugo e da Coruña non precisaban dun servizo reforzado destas características. Balseiro amosa a súa satisfacción polo cambio de criterio do Goberno, porque co PP nas primeiras semanas do vindeiro ano, o Pesca 2 estará operativo mediante garda presencial as 24 horas do día, os 365 días ao ano, permitindo unha resposta de 10 minutos ante calquera emerxencia.
O BIPARTITO NON PREVÍA ESTE INVESTIMENTO
Por outra banda, o Goberno confirma que non existía, no momento da chegada do novo equipo directivo á Consellería do Mar, consignación orzamentaria algunha para destinar fondos a ampliación do persoal con base en Celeiro. “Era evidente –segundo Balseiro- que o bipartito boicoteaba toda posibilidade de mellora no servizo de Gardacostas de Galicia, cando esta se platexaba na nosa costa. Non podemos comprender as razóns deste desprezo”