Burela, 28 de maio de 2015.- A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, vai realizar un curso formativo en colaboración coa Fundación Humanismo e Democracia ONGD, apoiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
O curso é de formación básica de coidados e apoio a persoas con demencia e enfermidade de alzheimer e ten unha duración de 30 horas. Vai ser impartido do 15 ao 30 de xuño no Centro de Formación Ocupacional.
As inscricións faranse a partir do 9 de xuño ben poñéndose en contacto coa fundación organizadora no telefono 881031319 ou no correo lmaquieira@hmasd.org ou no teléfono das oficinas de información do Concello 982 58 06 09.