Alumnado e profesorado de IES Vilar Ponte de Viveiro despediron, este sábado 23 de maio, aos seus respectivos compañeiros de Lannion despois dunha semana poboada de actividades, excursións e visitas culturais varias (así: a Coruña, Ribadeo, Santiago….).
Os visitantes franceses queren agradecer, publicamente, o bo trato recibido polo Concello, o profesorado e as familias.
Os nosos estudantes e profesores devolverán a visita a partir do próximo quince de xuño; en Lannion espéralles un amplo catálogo de actividades de lecer e cultura que, seguro, serán de utilidade.
Este intercambio foi realizado pola sección bilingüe do instituto que imparte a profesora Mapy Martín xunto co departamento de francés que dirixe Mónica Tasende.