Aitor Rodríguez.- Encontrámonos xa na xornada de reflexión e por suposto aínda ha partidos políticos, sobre todo aqueles partidos políticos que gobernaron os últimos catro anos, que creen que poden influír na posición políticas dos votantes facendo campaña nesta xornada.
Para aqueles que crean que isto non e certo, so temos que observar a rúa ou os diarios. Se nos fixamos podemos darnos conta de que tódalas actuacións tanto urbanísticas como de anuncios das mesmas non son mais que un vulgar intento de repercutir nas votacións durante a xornada de reflexión.
Obviamente haberá inxenuos que crean e afirmarán que é totalmente lexitimo facer estas actuacións e anuncios nun dia como este, escudándose en prazos de remate das obras ou en que estaban previstas para estas datas. Pola contra os escépticos de nacemento valoraremos outras opcións como é a campaña no tempo de veda electoral.
Podemos ser aínda mais inxenuos e pensar que iso da xornada de reflexión é unha trapallada pero dende a creación da lei electoral estipulouse no artigo 53 queda exposto o seguinte: << No puede difundirse propaganda electoral ni realizarse acto alguno de campaña electoral [...]. Esto implica que no es legal repartir propaganda ni pedir directamente el voto.>>
Claramente sendo un pouco lóxicos dámonos conta de que unha obra é unha actuación en sentido estrito e un anuncio da mesma é unha propaganda das actuacións do partido gobernante. Polo cal estarían incumprindo a lei electoral de España.
Con respecto aos supostos prazos de finalización de obras e anuncios, queda patente que non hai por que esgotar o prazo para rematalas, todas as actuacións pódense acabar antes e tamén anuncialos antes, evitándose o conflito de intereses que parecen non ver os gobernantes.
Claramente estamos nun mundo no cal e habitual xogar o despiste da lóxica e da mente dos votantes para conseguir influír nas votacións, aínda que o resto do ano as únicas actuacións que realicen sexan levantar a copa de viño nas infinitas horas de descanso no restaurante ou cafetería de rigor.
Aitor Rodríguez