BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reuniuse esta mañá cos directores dos colexios de primaria para tratar de manter unha colaboración efectiva entre o propio Concello e os centros educativos. Llano destacou o bó servizo de comedor que se ofrece en Burela e lembrou que este ano o Concello aportou oito coidadoras para garantir o nivel adecuado deste servizo.
O rexedor burelés explicou que “mirando o comezo do curso escolar, esta mañá estiven falando cos directores dos colexios de primaria e basicamente o que estivemos vendo é a forma de colaborar o máximo posible o Concello cos colexios. Entre outras cousas, estivemos mirando o servizo de comedor , o cal vemos que avanza perfectamente xa que hai unha gran demanda de pais que confían neste servizo e entón supoñemos que este ano será como mínimo similar ó do ano pasado”.
Alfredo Llano sinalou que “o Concello colabora cos colexios o mellor posible e este ano aportou oito coidadoras para facilitar que este servizo sexa un motivo grande para manter o nivel adecuado tanto para os alumnos de Burela como para aqueles que proceden de fóra e queiran vir estudiar ó noso municipio. Por tanto, considero que é unha medida que está ben plantexada, ben aproveitada e dende logo, agradecida polos pais”.