Cervo, 5 de maio de 2015- O Concello de Cervo informou este martes de que vén de adquirir novo material para o Club de Tiro con Arco Iadovi de San Cibrao. En concreto, financiou a compra de parapetos coas medidas regulamentarias de competición e outros elementos para o adestramento co obxectivo de apoiar a súa actividade deportiva.
O alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, Luis Guillén comprobaron o uso que se lle está dando a este material, de grande utilidade para practicar e mellorar a técnica no tiro con arco.
Ademais desta medida, o Concello colabora co club cedéndolle instalacións municipais para o seu adestramento diario. Unha entidade deportiva de recente constitución, creada hai un ano e medio, que xa ten conseguido numerosos éxitos e títulos. De feito, dous dos seus deportistas forman parte da elite galega do tiro con arco.
“Dende o Concello queremos seguir fomentando a práctica de diferentes disciplinas deportivas xa dende a infancia e as categorías de base, como é o caso do tiro con arco, que vai gañando adeptos, e que cobra máis forza co bo funcionamento do club” asegura o edil de Deportes.