Burela, 2 de maio de 2015.- A Candidatura de Compromiso por Galicia Concellos Transparentes, do concello de Burela, dentro dos seus actos de pre-campaña, está a reunirse con colectivos e institucións do municipio. Entre esas reunións destacan as celebradas cos centros de enseñanza secundaria (mais adiante realizaránse cos de primaria), donde foron moi receptivos coas propostas presentadas por Compromiso, das que cabe destacar a revitalización do Consello Escolar municipal, ata agora prácticamente abandonado. E conseguir que ese órgano sexa o órgano que detecte as necesidades, e construa as alternativas e solucions aos problemas da educación no noso municipio.
Compromiso, si goberna Burela, implicarase na educación, dotando de profesionais pedagogos ao concello, para que en estreita colaboración cos centros educativos desenrolen proxectos que melloren a calidade educativa, que reduzan o fracaso escolar, e consigan unha educación integradora na diversidade. Sobre todo implicaremonos na procura de medios para que os pequenos con mais dificultades alcanzen as metas propostas, fortemente apoiados nos profesionais dos centros de ensinanza.
O noso COMPROMISO coa educación é prioritario, e dentro dos orzamentos participativos fomentaremos, co apoio dos veciños, a inversión en educación, á vez que xestionaremos e esixiremos a outras administracións una implicación real e fidededigna, sobre todo en canto a mellora das infraestructuras educativas, hoxe abandonadas.
Dende a nosa candidatura entendemos que a educación é prioritaria, pois é o noso futuro como pobo, e non escatimaremos a dedicación a sua mellora.
Nós queremos cambiar as cousas, pero non só a corto prazo.
Buscamos xerar un futuro prometedor para os nosos fillos. queremos unha Burela de todos, e para todos, alcanzada non só dende medidas efectistas de carácter electoral, senon que queremos actuacións axeitadas e profesionais que garantan un plan de futuro, a medio e largo prazo, para o noso pobo e as suas xentes.