NOTA DE PRENSA
O GMPP ven “fora de si” ó BNG.
Afirman que Cando gasta tanto en parrandadas como gasta a Consellería de Educación cos libros de texto.
Pídenlle que dea subvencións ás asociacións e que goberne “se sabe e pode”.
O GMPP dixo hoxe nunha nota de prensa que o BNG burelés “está fora de si, especialmente Nieves Cando, mui nerviosa ultimanente”, porque ó millor non tén xa cartos de todos os bureleses para pagar os seus compromisos políticos.
Os populares pídenlle a Cando que goberne “se sabe e pode”, e que deixe de ser goberno e oposición ó mesmo tempo: debe facer rentables os corenta e cinco mil euros que lle pagamos cada ano todos os veciños de Burela, e deixar de producir literatura barata contra a Xunta.
Os populares lémbranlle que as axudas dos corenta euros son inxustas: que lle explique a quen cobra cincocentos euros ó mes, que lle vai dar corenta euros coma a quen cobra dous mil; eso non é xusto nin xeito de repartir os cartos de todos, cos que Cando xoga alegremente.
Como xoga alegremente co despilfarro das súas partidas presupostarias: as áreas do BNG de Burela gastaron tanto este ano en publicidade como gastou a Consellería de Educación en divulgar a campaña dos libros de texto, cáseque douscentos mil euros, así que non nos veña con tonterías cargando as tintas contra os demais.
O que tén que facer Nieves Cando coas súas delegacións é pagar o que debe, que debe bastante, e darlles subvencións ás asociacións de Burela que este ano por vez primeira quedaron “a la luna de Valencia” por culpa … de Nieves Cando.