NOTA DE PRENSA
González Barcia reunirase o vindeiro martes coa Presidenta de Augas de Galicia.
O portavoz popular abordará a construcción da rede de abastecemento a Burela.
Barcia lembra que a obra quedou programada con Barreiro de Conselleiro de Medio Ambiente.
O portavoz do PP de Burela, José María González Barcia, manterá o vindeiro martes, día quince, unha entrevista en Santiago coa Presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle, co fin de analizar o estado actual e a planificación futura das obras de mellora do abastecemento de auga a Cervo e Burela.
O portavoz popular quere ter información de primeira man sobre estas obras, que Barcia lembrou que quedaron programadas nos presupostos da Xunta de 2005, sendo Manuel Fraga presidente e José Manuel Barreiro conselleiro de Medio Ambiente. González Barcia tamén fixo mención ó retraso na licitación da obra que fixo a Xunta bipartita alegando que había que revisar o proxecto, e logo de non ter nada revisado licitaron a obra con dous anos de retraso, cun afán claramente electoralista de cara ás autonómicas de Marzo do presente ano que se lles volveu totalmente na súa contra.
Barcia tamén lembrou que con gobernos populares no concello e na Xunta licitáronse e adxudicáronse os novos depósitos da auga de Burela, que supuxeron um investimento de cen millóns das antigas pesetas, obra da que o bigoberno burelés non se acorda, porque lle quedou feita, e que supón, nunha obra sola, máis investimento do que levan feito eles en dous anos con todas as subvencións que recibiron, se exceptuamos as obras do porto.
O portavoz popular indicou que esta entrevista con responsables da Xunta, outras que se xa se realizaron, e as que se realizarán no futuro, teñen como obxectivo, por un lado, axilizar obras programadas polo goberno autonómico e, por outro, buscar solucións a posibles problemas que se poidan plantexar e cuia solución pase pola Xunta de Galicia.