Lugo 11 de abril de 2015.- O presidente de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Daniel Vega, reincidiu na mañá deste sábado no gran valor da política como servizo público e, en especial, dende as institucións máis próximas á xente. Así o manifestou durante o transcurso da celebración da actividade da Escola de Formación Manuel Fraga que tivo lugar esta mañá na sede do Partido Popular de Lugo.
Durante a súa intervención, Daniel Vega tamén enxalzou a figura de Manuel Fraga, que segundo o presidente da formación xuvenil provincial, sempre mostrou especial atención á realidade dos concellos galegos.
Ao mesmo tempo, Vega animou aos cidadáns a, nunha etapa de deterioro da imaxe da política, a recordar a labor e a honradez de Manuel Fraga e a presumir da ideoloxía do Partido Popular e nunca esquecer os principios e valores que o moven.
Na clausura do acto tamén interveu o presidente rexional de Novas Xeracións, Diego Gago, quen asegurou que en Galicia hai 87.000 novos mozos que votan por primeira vez e que a formación político xuvenil “tratará de achegarse a todos e cada un deles”.
Escola de Formación
O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, foi o encargado de inaugurar a Escola de Formación celebrada esta mañá durante a que a través de experiencias persoais e casos concretos, se analizou a implicación na política local e a importancia da xestión municipalista.
A xornada desenvolveuse a través de dúas mesas de traballo, a primeira delas centrada no municipalismo dende a cidade pasando polo rural, moderada por Yaiza Neira (presidenta de Novas Xeracións de Lugo) e na que participaron o candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira Broz; a candidata a Pol, María Ángeles Lenza, e o alcaldable por Becerreá, Miguel Cela.
A segunda das mesas de traballo levou por título a “Experiencia municipalista” e nela estiveron como poñentes a deputada nacional pola Coruña, Marta González Vázquez; o ex alcalde de Ribadeo e ex vicepresidente primeiro da Deputación, José Carlos Rodríguez Andina; e o deputado nacional; Joaquín García Díez. O moderador foi Antonio Ameijide.