NOTA DE PRENSA
O GMPP considera que a política de persoal do alcalde é “un desastre”.
Afirman que durante o verán houbo “caos organizativo no concello”.
Os populares acusan ó alcalde de enganar e incumplir prazos.
O GMPP de Burela reiterou hoxe nunha nota de prensa que a política de persoal é un auténtico desastre no concello de Burela e estase vendo que o alcalde minte máis ca respira. Os populares lembran que as críticas que tén feito o PP veñen de lonxe, e que agora tamén algún sindicato levanta a súa voz para manifestar queixas e incumplimentos do alcalde.
O GMPP afirma que “nós xa preguntamos polo abono da productividade do pasado ano, que debería estar abonada, e así se lles dixo ós propios traballadores; este asunto foi a pleno fai nove meses, en Decembro de 2008, e como se ve o prazo para que se resolva está dentro dos retrasos habituais do alcalde, entre nove e dez meses. O peor é que en todo, absolutamente en todo o que pasa neste concello, hai retraso, menos no cobro do soldo por parte do alcalde, o que demostra que cando afirmamos que os membros do bigoberno burelés, empezando polo próprio alcalde, son vagos, estamos decindo a verdade”.
Os populares tamén lembran que o próprio alcalde, cando se aprobou em pleno o novo convenio cos traballadores, afirmou que a nova relación de postos de traballo (RPT) estaría feita no primeiro trimestre de 2009. O PP preguntou nun pleno por esta cuestión, no mês de Abril, e o alcalde contestou que como moito a finais do verán estaría lista. E agora sae na prensa decindo que “para a próxima semana”, frase habitual nel cando se sinte collido polo cogote. O certo é que a RPT está sen facer, e eso que dixo que asinara un convenio coa Deputacion, e que polo tanto iría rápido. Outro novo engano máis, unha nova mentira, que afecta a un colectivo de persoas importantes.
Ademais, os populares critican a descoordinación existente no concello durante o verán. Os turnos de vacacións non estiveron debidamente organizados, o que trouxo consigo un auténtico desbaraxuste e caos; se alguns postos ou baixas se cubriron con contratos temporais, en outros casos non foi así.
En definitiva, unhas situacións orixinadas polo alcalde, como responsable directo do persoal do concello, que son bastante representativas de que este home dice a todo que sí, e logo non cumple, algo que xa coñecen ben os veciños e veciñas do noso concello.