Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos denunciar, unha vez máis, a cara dura política e a falla de respeto á intelixencia dos veciños e veciñas de Burela que mostra continuamente o Sr Barcia e o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela. O Partido Popular de Burela emitiu este venres unha nota de prensa onde explica os presupostos 2015, que van a presentar para aprobación no Pleno na que conta unha serie de mentiras e medias verdades que realmente nos fan pensar que esta xente o único que pretende é rirse publicamente da intelixencia dos nosos veciños e veciñas.
Nesta nota de prensa dise que se baixaron os impostos, o que sinxelamente é unha MENTIRA, e para demostrar isto calquera veciños pode facer unha sinxela comparación de recibos de impostos municipais dende xuño de 2011 (fecha de toma de posesión do actual equipo de “desgoberno”) e pode comprobar como ano a ano as subidas de impostos foron continuadas, nin cando se nos venderon baixadas de impostos estas foron reais xa que tomando como referencia o IPC (que é o dato que se toma como referencia) as baixadas foron menores que esta referencia, có que se converten automaticamente en subidas. Tales foron as subidas que practicamente todos os impostos subiron por riba do IPC, có que o que se consegue dende este equipo de “desgoberno” é empobrecer cada vez máis ós veciños e veciñas de Burela. Que o Sr. Barcia fale da contribución (IBI) é chocante e lamentable, cando é o máximo responsable da maior subida da historia deste imposto en Burela xa que ten subido nestes últimos catro anos máis dun 60%, e pedimos de novo un exercicio de comprobación ós veciños e veciñas para que podan comprobar isto, que comparen os recibos dende o 2011 ata agora e poderán comprobar facilmente esta nova MENTIRA.
Recoñece, iso si, que como nós denunciamos o Concello non debería de asumir gastos da construción da gardería, xa que o Concello non ten competencias nesta materia, agora veñen as consecuencias. A escola infantil vai a levar todo o presuposto de investimentos no ano 2015 có que xa nos están a adiantar que o Concello non vai a poder afrontar ningún tipo de obra no ano 2015. Xa os tíñamos avisado deste asunto, e non foron capaces de evitar este despropósito facendo que a Xunta de Galicia, a que ten competencias na materia asumise esa inversión, agora pagaremos as consecuencias.
Pero o que resulta máis vergoñento e lamentable é que o Sr Barcia fale da débeda da segregación con Cervo, ¿acaso o Sr. Barcia non se acorda de que partido político e de que persoas provocaron esta situación? ¿non se acorda o Sr. Barcia de cando andaba a recoller as firmas para a segregación de Cervo? Pois “daqueles barros, estes lodos”. Sr. Barcia vostede é un dos máximos responsables desta débeda. En todo caso tivo vostede catro anos para negociar có Sr. Villares, que ademais coinciden nas cores políticas, a condonación desa débeda.
Teremos tempo de falar dos reparos que pon Intervención do Concello a estes presupostos, de momento esta explicación vai ser dabondo xa que nos tememos que os presupostos van a dar moito que falar.
Comisión Executiva PSdeG-PSOE Burela.