O III Festival Atlántica agasallou cunha homenaxe nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego este xoves 19 de marzo de 2015 (véspera do Día da Narración Oral e do Día Internacional da Felicidade) á web Galicia Encantada. Interviron no acto Xacobe Rodríguez (de Pavís Pavós), Avelino González, Ángeles Goás, Charo Pita e Rafael Quintía. Entregou a caracola ou cornamusa, obra de Marcelo Skapinachis, Soledad Felloza, directora do Festival, e recibiuna en nome de “Galicia Encantada”, Antonio Reigosa.
Homenaxe a Galicia Encantada no III Festival Atlántica
Homenaxe a Galicia Encantada no III Festival Atlántica
Relacionado
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, participou este xoves en Fitur na presentación da nova campaña de promoción turística da Mancomunidade de Municipios da Mariña e que leva como lema ‘A Mariña latexa contigo’
-
Os deputados do Grupo Provincial Popular participan nunha nova edición de Fitur, na que apoian a difusión e promoción da imaxe dos 67 concellos da provincia
-
Os talleres terapéuticos de Cervo, que se imparten cada venres, impartiron un de mosaicos