NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que nada se fixo en dous anos en materia de asociacionismo comercial.
Consideran que o concello debe adecentar as edificacións de madeira do Monte Castelo.
Os populares pídenlle ó BNG que goberne se sabe.
O GMPP de Burela formulou no pleno celebrado o pasado mércores varias preguntas sobre asuntos de interese na vida municipal burelesa. Ainda que en primeiro lugar os populares formularon un rogo solicitando que por parte da alcaldía se avise de cambios na data de celebracións dos plenos ordinarios, cuestión que vén sendo habitual nos últimos oitos meses.
Os populares formularon dúas preguntas que xa formularan hai dous anos: sobre as xestións do parque empresarial de A Puida, e sobre o asociacionismo do comercio en Burela. As respostas nos dous casos foron semellantes ás de hai dous anos, non se fixo nada.
En materia de asociacionismo comercial, o PP lembra que quedaron dados os pasos para a creación dun Centro Comercial Aberto que o BNG se encargou de paralizar. No que se refire ó parque empresarial da Puida, o alcalde falou da zona de O Perdouro, pero resulta que nada se sabe das xestións que se están a facer.
Outro asunto que preocupa ós populares é o referido ó cumplimento da normativa sobre plantacións de árbores. Por terceira vez houbo que facer esta pregunta porque o alcalde ns veces anteriores debía ter moitas cousas na cabeza e non contestara. O Concello tivo que cumplir un requerimento recentemente para adaptar a distancia dunha plantación de árbores nunha finca da súa propiedade. Pois ben, o alcalde falou durante uns minutos sen decir absolutamene nada, co que non sabemos que vai facer o concello.
E por último, a raíz da modificación do convenio entre a Xunta e o Concello para facer o campo de fútbol artificial da Marosa, quedan liberados novena mil euros dos presupostos municipais dese ano, e desde o PP queríamos saber que se ía facer con eles. O alcalde dixo que a metade iría a investimentos, o cal non nos parece mal.
Finalmente, indicar que nos parecen lamentables as declaracións de Nieves Cando, que está completamente fóra de sí, braceando no pleno e elevando a voz fóra do normal, probablemente porque non lle queda un euro na súa partida presupostaria porque xa os gastou todos e agora non pode atender os compromisos partidistas que tén contraídos, ainda que eso sí, as asociacions de Burela non teñen subvencións. Resulta patético que sexa goberno e oposición ó mesmo tempo, cando o que tén que facer é gobernar, se sabe, e deixar de preocuparse polo PP; que gaste os folgos en solucionar problemas e non en crealos, como fixo ó non conceder subvencións ás asociacións.Esta persona non é de fiar, e ademais está demostrando ser unha manipuladora que tergiversa todo o que se di e deforma as cousas; xa llo dixemos no pleno e agora llo decimos públicamente: políticamente é falsa e falsaria. O PP abstívose nunha compatibilidade laboral porque non participou na elaboración do expediente, e non tén capacidade de decisión ó respecto. E tamén nos abstivemos á hora de aprobar o regulamento de uso das instalacións municipais, porque, ainda sendo un texto que recolle básicamente o que se viña facendo, mesmo na época do PP, non aceptou incluir que as decisión sobre horarios se tomen consensuadamente nunha reunión de clubes e asociacións usuarios dos pabellóns, como se facia co PP. Esto foi o que se dixo no pleno e o que pasou, a pesasres da insistencia do Sr. Edrosa de chegar a un acordo, porque nós adiantamos que se se incluía eso votariamos a favor, pero ela quería dar a entender que o PP estaba en contra, e saleulle o asunto mal. Esto demostra ben ás claras o oscurantismo e o control político ríxido que esta muller quere imponer, e tamén o seu talante democrático que igual a cero.
Pero esquece que desde unha postura constructiva votamos a favor da modificación do presuposto, cousa que eles cando estaban na oposición sempre criticaban. Tamén votamos a favor de modificar o convenio do Campo de Fútbol Artifcial que o bipartito da Xunta foi incapaz de facer e que fará a Xunta do PP. Igualmente, é triste que diga que as nosas mocións están fóra da realidade: a situación do cuartel xa leva así anos, e ela foi precisamente quen votou en contra de arreglalo o ano pasado e o anterior.