A Xunta Directiva da Hermandad de las Siete Palabras convoca unha Asemblea Xeral e reunión de levadores dos pasos, que terá lugar no local da Xunta de Cofradías, nos Claustros de San Francisco, este venres 20 de marzo ás 20.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.30 horas, en segunda. A orde do día recolle a lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior, o estado das contas, as actividades e proxectos realizados, os proxectos para o 2016, a reserva de traxes e fachóns, levadores e rogos e preguntas. Tamén se aproveitará para presentar e bendicir do novo estandarte que acompañará ó paso da Nosa Señora do Camiño da Luz, conmemorativo do décimo aniversario do “Vía Lucis”.
Asemblea xeral da Hermandad de las Siete Palabras
Asemblea xeral da Hermandad de las Siete Palabras
Relacionado
-
Co ex ministro José Blanco retómanse este venres, 24 de xaneiro, os X Foros de debate da Fundación Sargadelos
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, apoiou en Fitur a presentación da 17ª edición da guía turística gastronómica ‘…E para comer Lugo’, que edita a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo
-
Crónica3 deixa de publicar en X, antiga Twitter