Como cada ano, ao chegar a primavera, Os Aventados volven “á carga” coas súas actividades en defensa e promoción da nosa cultura.
Este sábado 21 de marzo levarase a cabo a entrega dos premios anuais a quen se distinguiron por iniciativas a favor ou contra os nosos dereitos como pobo.
“Árdelle o eixo”: Asociación cultural do Mundo de Galea, pola súa defesa e promoción da nosa cultura a través da ruta do Mariscal Pardo de Cela, e a súa designación, ano tras ano, dos cabaleiros do Mariscal e señoras de Isabel de Castro. Preside a asociación o escultor Puchades e é máximo dinamizador, Suso de Foz.
“Toda unha vida”: Ao músico, intérprete, profesor e compositor, Arcadio Mon García.
“Premios á calidade”: Pastelería Vale de Viveiro, Mesón Damián de Foz e Mesón Carlos V de Viveiro.
“Premio especial”: Mulleres traballadoras de Sargadelos.
Premio “Árdelle o carro”: polos seus embustes, o seu desprezo á nosa saúde, a súa incapacidade para atender as nosas necesidade, ao Ministerio e á Consellería de Fomento ou “Obras paradas” do Goberno de España e da Xunta de Galicia, polo estado da estrada da costa.
Homenaxe no Porto de Arriba de San Cibrao a dous loitadores pola liberdade e a dignidade no mundo do traballo e dos dereitos do cidadán: os irmáns Alberto e Manuel Pillado.
A asemblea terá lugar a partir das 14.30 horas no Almacén de Cervo.
Os premios, como desde a súa creación, serán obras do Premio nacional de Artesanía 2011, Otero Regal, que actuará como mestre de cerimonias, na súa calidade de vicepresidente e portavoz de Os Aventados.