Burela, 19 de marzo de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, a edil de Servizos Sociais, Diana Durán, e as monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia visitaron este xoves á Asociación A Mariña con motivo da celebración do día da árbore. Alí os rapaces prantaron unha pereira.
E despois desprazáronse ata o Ceip Vista Alegre onde @s nen@ prantaron un acivro. Os encargados de facelo foron los alumnos e as alumnas da aula de 5ºB, que foron os gañadores do concurso do día da árbore. En ambos casos entregóuselles un diploma aos participantes.
O próximo luns, 23 de marzo, a Fundación Eu Son plantará unha especie no parque Rosalía de Castro e o Ceip Virxe do Carme na súa zona verde.