BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de setembro. As actividades e as datas nas que se desenvolverán son as seguintes:
Obradoiro de “Creación dunha conta de correo electrónico”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de empregar o correo electrónico para comunicarse con outras persoas a través de Internet. Desenvolverase de luns a venres, do 4 ao 11 de setembro, de 9:30 a 10:30 horas.
Obradoiro de “Blog, participa en Internet”: ao finalizar esta actividade, o/a usuario/a será
capaz crear e manter o seu propio espazo en Internet. Desenvolverase de luns a venres,
do 8 ao 18 de setembro, de 10:30 a 11:30 horas.
Obradoiro de “Procesador de textos: Writer”: con esta actividade preténdese que o
usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de facer os seus propios documentos co
programa libre “OpenOffice Writer”. Desenvolverase de luns a venres, do 14 ao 29 de
setembro, de 9:30 a 10:30 horas.
Obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux”: preténdese que o usuario/a, ao finalizar
este obradoiro, sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos e funcionalidades
básicas dun sistema operativo baseado en software libre. Desenvolverase de luns a
venres, do 14 ao 25 de setembro, de 11:30 a 12:30 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla “Solicitude de cita médica por Internet” o
luns 28 de setembro de 11:30 a 12:30 horas. Con esta actividade amosarase como pedir cita
para o médico a través da páxina web do Sergas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de
Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico
ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.sociedadedainformacion.eu