“Pedazos de mi alma”, de Rosa María Fidalgo Vérez, colocouse esta semana entre as obras de relatos máis vendidas en fala hispana do portal literario Amazon. Baixo o pseudónimo de Rhodéa Blasón, o éxito literario chégalle á autora tras unha vida dedicada ó xornalismo e á publicidade. Aínda así, a pesar de exercer o xornalismo tamén estudou Antropoloxía Social e Teoloxía na escola diocesana, axudándolle a ter unha visión global da complexidade humana. Ten traballado en diferentes medios de comunicación de prensa e radio, foi directora nos 80 de “Paralelo 44” na Cadena Cope un programa dedicado á xente do mar e redactora no Progreso e posteriormente na Voz de Galicia e Antena 3 onde dirixiu “Mar Rizada” ata o ano 2009 cando, sendo a delegada da Axencia EFE na Mariña, unha grave enfermidade a separa da primeira liña da información dedicándose desde entón por completo á creación literaria. O vindeiro paso da escritora será a presentación deste libro o 10 de abril na Librería Trama de Lugo da man de Paco Rivera, un dos grandes xornalistas lucenses.
Éxito de ‘Pedazos de mi alma’ de Rhodéa Blasón
Éxito de ‘Pedazos de mi alma’ de Rhodéa Blasón
Relacionado
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos