O vindeiro sábado 14 de marzo Verducido vivirá outra intensa xornada de piragüismo coa presenza de máis de 430 palistas homes e mulleres encadrados nas categorías Alevín A e infantil A e B. En xogo a primeira regata da Liga Galega Infantil 2015 de augas tranquilas, organizada pola Federación Galega de Piragüismo.
As previsións meteorolóxicas no campo de regatas indican que haberá ceos despexados, con temperaturas que oscilarán entre os 9º e os 12ª*C no momento das probas e non se prevé a presenza de choiva.
A proba está prevista que se dispute sobre un percorrido de 3000 metros, sen tempo de pechadura de control para a categoría Alevín A e con 6 minutos sobre tempo do 3º clasificado na modalidade K1 e 8 minutos na modalidade C1 para os infantís homes e mulleres.
O Club Kayak de Foz despraza, nesta ocasión, 4 palistas infantís, dúas mozas e dous mozos, os cales competirán nas seguintes categorías:
Muller Infantil-B K-1, hora de saída: 11.45 horas
Dorsal 643.- PAOLA GARCÍA NEIRA
Dorsal 648.- NAILA GARCÍA NEIRA
Home Infantil-B K-1, hora de saída: 12.15 horas
Dorsal 428.- FRANCISCO LOURO PACIOS
Home Infantil-A K-1, hora de saída: 13.15 horas
Dorsal 81.- XOEL GARCÍA NEIRA