BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, enviou unha carta ás familias acolledoras de Barreiros “para agradecerlles esa colaboración e animalos a que sigan outros anos nesta labor e eu coma alcalde animo a máis familias a que acollan a nenos chegados do pobo saharaui”. Fuente recordou que “o Concello sempre estivo volcado coa asociación Solidaridade Galega co Pobo Sahariano e sobre todo co programa Vacacións en paz”.
Nota de Prensa
A ALFONSO FUENTE PARÉCELLE TRISTE QUE O BNG FAGA POLÍTICA CO PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ.
Barreiros, 14 de setembro de 2008. Ó alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, parécelle triste que o BNG faga política co programa Vacaciones en paz que posibilitou que varios nenos saharauis pasaran o verán no municipio. O rexedor enviou esta mañá unha carta ás familias acolledoras de Barreiros <para agradecerlles esa colaboración e animalos a que o sigan outros anos nesta labor e eu coma alcalde animo a máis familias a que acollan a nenos chegados do pobo saharaui>.
Fuente Parga engade que <o Concello sempre estivo volcado coa asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaiu e sobre todo co programa Vacaciones en paz, desde o momento en que aportamos 650 euros para afrontar parte dos gastos que xenera a chegada de cada un deses nenos que nos visitan. Esa cantidade non é nada comparada co traballo que realizan as familias acollendo ós pequenos. Pero este ano a asociación non se puxo en contacto con nós para comunicarnos cando chegaban e cando marchaban os cativos… é a primeira vez que pasa porque outros anos incluso temos enviado o coche de Protección Civil a recollelos a Santiago. Eso non desvirtúa a labor que está a realizar este colectivo, pero quero recalcar que non contactaron con Concello e polo tanto non se fixo esa entrega de material para os nenos e para que levaran para outros nenos aló… pero si hai que enviar ese material farémolo mañá mesmo>.
O alcalde de Barreiros lembra que <estes últimos anos pedíannos ollas exprés e mandámolas e incluso nos puxemos en contacto cun membro desa asociación que era de Barreiros e que agora xa non está con eles para mandarlles os chándales que retiramos das escolas deportivas ó cambiarlles o material ós rapaces… nós estábamos dispostos a facer ese envío pero non tivemos resposta por parte da asociación para xestionar dito envío>.
Alfonso Fuente asegura que <me parece triste facer política con todo esto, porque nós sempre recibimos e despedimos ós nenos saharauis, pero nunca se chamou ós medios de comunicación e non hai unha foto do alcalde nin dos concelleiros cos nenos porque esto está ó marxe destas cuestións, desta discusión política. De tódolos xeitos mentras eu siga de alcalde nós seguiremos a colaborar co programa