Burela, 23 de febreiro de 2015. A Concellería de Servizos Sociais de Burela informa que desde mañá, martes, e ata o 23 de marzo estará aberto o prazo para a solicitude de prazas para o curso 2015/2016 na escola infantil de Burela, dependente do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar.
Segundo informan desde a dirección do centro “para entregar a documentación haberá que pedir cita previa no teléfono da escola 982 58 12 28”. As familias interesadas poden obter os formularios para facer as inscricións en www.escolasinfantisdegalicia.es ou en www.igualdadebenestar.org.