BURELA (FNC) .- Burela acollerá o vindeiro sábado, día 5 de setembro, a II Sardiñada Popular. Neste evento, organizado polo Concello de Burela en colaboración coa Asociación Os Centolos de A Mariña, repartiranse gratuitamente uns 500 quilos de sardiñas.
A concelleira de Mar, Remedios López explicou que “dende a Concellería de Mar de Burela organízase para o sábado 5 de setembro a II Sardiñada Popular. Terá lugar a partires das19.00 horas da tarde no peirao”.
Remedios López engadiu que “a Asociación Os Centolos de A Mariña colaborará nos traballos de asado e distribución e temos previsto repartir 500 quilos de sardiña e 150 quilos de pan gratuitamente a todo o público en xeral. Convido a toda a xente de Burela que se anime a baixar ao porto a degustar un día máis un producto típico como é neste caso a sardiña”.