Galería Terra Branca foi o establecemento gañador do concurso de escaparatismo que organizou Acisa Ribadeo en facebook para celebrar o día de San Valentín. O local de José Ramón Leal conseguiu 353 votos. En total foron 16 establecementos comerciais os que participaron no concurso de Acisa. Ao mediodía do pasado sábado entre os clientes que fixeron as súas compras de San Valentín en Terra Branca sorteouse unha cea para dúas persoas no restaurante A Solana. A man inocente de Simón foi a que extraeu a papeleta premiada ante a atenta mirada do presidente e do vicepresidente de Acisa, Roberto Ramos e David Freijo. O afortunado foi Agustín Gutiérrez Sampedro, que decidiu que uns amigos gozasen do seu premio, valorado en 100 euros.
