Share 0
Share 0
Ante a enorme expectación que levantou o evento, a Xunta de Confrarías está a analizar a posibilidade de habilitar un segundo pase, para que as persoas que se quedaron sen entrada para o primeiro poidan gozar dun evento senlleiro e único nunha contorna incomparable como é a Igrexa de San Francisco de Viveiro. Nos próximos días compartirase máis información sobre esa posibilidade. As entradas están dispoñibles en liña en Ataquilla e fisicamente na oficina de Turismo de Viveiro.
Os feitos delituosos tiveron lugar ao redor das 20.00 horas do pasado día 27, cando a persoa investigada realizou un grafiti na fachada dun inmoble situado no termo municipal de Ribadeo. No momento da identificación da persoa investigada fóronlle intervidos dous botes de pintura en aerosol das mesmos cores que os utilizados para a confección do grafiti, obsérvandose ademais restos de pintura nas mans. Está pendente a valoración dos danos no inmoble. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.
Desde o Concello, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convidan a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título "a alimentación como factor propector fronte ao cancro" que impartirá a nutricionista Cristina Rodil. Será o 4 de febreiro, ás 16:30 horas, na Casa do Mar; a continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
Os feitos tiveron lugar o pasado día de Reis cando un técnico estacionou unha ambulancia no aparcadoiro habilitado no hospital da Mariña, deixando na consola do vehículo a súa carteira particular, mentres accedía ao centro médico cun paciente. Tras regresar observou que lle faltaba a carteira do interior da furgoneta, atopándose a ambulancia coas portas pechadas, pero sen chave. Iniciouse unha investigación policial, dando como resultado a imputación en calidade de investigado do presunto autor da subtracción. As dilixencias policiais foron remitidasá Autoridade Xudicial.
As palestras teñen lugar no Hotel Voar de Ribadeo. A seguinte, e derradeira, será a de Isabel Díaz Ayuso (14 de febreiro).
Este curso ten por obxecto formar a familias, educadores e a calquera persoa interesada na identificación de sinais de alerta, promovendo o uso seguro de internet e sinalando estratexias efectivas para protexer aos menores da explotación en liña, tendo en conta que as redes sociais convertéronse nunha ferramenta crave para a comunicación, pero tamén presentan riscos graves, como a captación de persoas. Unha actividade impartida dende a Plataforma Escuela Diaconía España. Realizarase en liña do 10 ao 13 de febreiro. Máis información e matrícula: extension.uned.es/actividad/41119&codigo=FYRSP
Esta aterrou sobre dous coches, sen causar grandes danos. Sucedeu ás 4:00 horas da madrugada deste xoves.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital