Lugo, 2 de xaneiro de 2015.- José Jesús Novo Martínez repetirá como cabeza de lista do Partido Popular á alcaldía do Vicedo e será, polo tanto, o candidato a alcalde nas próximas eleccións municipais de maio.
O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, fixo pública este luns a designación de Novo como alcaldable neste concello da Mariña. “Novo ten sobradamente demostrado ao longo destes anos o seu compromiso cos veciños aos que representa”, asegurou Barreiro.
O presidente dos populares lucenses resaltou, polo tanto, “a loita do actual alcalde na defensa dos intereses dos veciños do Vicedo, que comicios tras comicios lle outorgan maioría absoluta”. Barreiro mostrouse seguro de que Novo manterase ao fronte da alcaldía.
Traxectoria política
Jesús Novo Martínez exerce de rexedor dende xaneiro de 2001 e desempeñou a labor de tenente de alcalde entre os anos 1995 e 2001. É afiliado ao Partido Popular dende o ano 1994 e presidente da agrupación local dende o ano 2007, sendo de novo reelixido para desempeñar esta labor en setembro de 2013.
Ademais de alcalde, tamén é deputado provincial, Coordinador Sectorial de Pesca na Executiva Provincial do PP e forma parte do Comité Electoral Provincial.