Lugo, 01 de febreiro de 2015.- O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, anunciou este domingo que Clemente Iglesias González repetirá como candidato á alcaldía polo PP no municipio de Riotorto.
Barreiro quixo destacar a capacidade de traballo do alcaldable, posta de manifesto durante os anos que leva vinculado ao Partido Popular. Así, o presidente dos populares lucenses lembrou que con Clemente Iglesias á cabeza, a candidatura do PP por Riotorto nas últimas eleccións municipais (ano 2011) foi a que obtivo o maior apoio dos veciños a escasos votos de obter unha maioría absoluta.
Neste senso, Barreiro asegurou que o Partido Popular e a única forza política capaz de garantir unha estabilidade no goberno municipal e reiterou que Clemente Iglesias é a persoa idónea para sacar adiante esta responsabilidade.
Datos persoais
Clemente Iglesias naceu o 29 de xaneiro de 1976 na localidade de Riotorto, onde reside e traballa na administración local. Ten 39 anos e é licenciado en Económicas. Gran afeccionado ao fútbol, forma parte da directiva do equipo local Riotorto CF.