O PP de Viveiro fixo un Rogo no pleno de febreiro de 2014 pola falta dunha marquesina na parada do Bus situada no Barrio da Cruz en Covas – estrada LU-862, perto da rotonda das Sirenas-. Dita marquesina levaba máis de dous anos sin colocar como consecuencia dun temporal que a derribara, o que lles ocasionou innumerables molestias ós veciños dos barrios da Cruz, Pereira e Carreira, e en particular ós nenos que acuden ó colexio que non tiñan onde guarecerse. A raíz da colocación dunha nova marquesina na parada de Suasbarras, a sustituída foi trasladada, a finais do mes de xuño do ano pasado e por orden do Delegado de obras do Goberno Local, a esta zona do Barrio da Cruz para a súa colocación, sendo depositada nunha finca privada – co permiso do seu dono -. Dende desde ese mes permanece na mencionada finca sin colocar.
Non é este o único caso de marquesina sen colocar, posto que no barrio do Chao en Celeiro acontece outro tanto do mesmo. O noso grupo así o manifestou no Pleno de marzo de 2014 onde solicitamos a recolocación desta marquesina que se tiña retirado, xa facía uns cantos anos, .a raíz da ampliación da estrada.
O PP de Viveiro interesouse novamente pola colocación das referidas marquesinas no pleno de outubro do ano pasado, obtendo como resposta da Alcadesa que se colocarían cando se puidese ou houbese presuposto. O certo é que a día de hoxe nos se colocou ningunha das dúas, a pesares de que a do Barrio da Cruz só é cuestión de dar a orde de que se coloque, e no referente a do barrio do Chao en Celeiro, parece que non teñen tanta sorte coma os veciños de Cantarrana, onde si houbo presuposto para colocar unha marquesina na curva do parque ó lado do IES María Sarmiento no que nos alegra e complace.
Unha vez máis asistimos a un claro exemplo da deixadez, da inoperancia e da pouca preocupación que demostra o equipo de Goberno local socialista ante as necesidades dos veciños.
En Viveiro, a 30 de Xaneiro de 2015
Celestino Garcia Paz