RIOTORTO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou nas festas patronais da parroquia de Espasande de Abaixo, no Concello de Riotorto. Gómez Besteiro comprobou o estado no que quedou a igrexa parroquial, que foi pintada con axuda da Deputación, “xa que esta obra estaba incluída no Plan de cooperación coas Comunidades Veciñais. A través deste plan, Riotorto recibiu o ano pasado da Deputación 39.123 euros”.
NOTA DE PRENSA
O Presidente da Deputación participa nas festas patronais de Espasande, no Concello de Riotorto
A igrexa parroquial foi acondicionada coa axuda do organismo provincial
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este luns nas festas patronais da parroquia de Espasande de Abaixo, no Concello de Riotorto. Gómez Besteiro asistiu á misa e á procesión en honra de San Bartolo e mantivo un encontro cos veciños.
Gómez Besteiro comprobou, ademais, o estado no que quedou a igrexa parroquial, que foi pintada con axuda da Deputación, xa que esta obra estaba incluída no Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais.
A través deste Plan, Riotorto recibiu o ano pasado da Deputación 39.123 euros, que tamén serviron para acondicionar o centro sociocultural de Vilaseca, onde estivo o máximo responsable provincial na vista que fixo ó Concello a finais de xullo. Gómez Besteiro destacou que “este Plan segue a ser un bo modelo porque inclúe obras que, aínda que sexan pequenas, non son menos necesarias, esixen a unión veciñal e non se poderían facer se non tivesen o apoio da Deputación”.
“A través do Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais resolvemos problemas relacionados coas traídas de auga, camiños ou arranxo de capelas, como neste caso de Espasande en Riotorto. Polo tanto, creo que estes investimentos son fundamentais, xa que nos permiten satisfacer as demandas dos cidadáns”, apuntou o máximo responsable provincial.