SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz (ACIA FOZ) – CCA FOZ. En virtude deste acordo, SabadellGallego pon a disposición todos os socios, un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.
Pola súa banda, a Asociación, aumenta a súa oferta de servizos para que os seus socios, poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, factoring, confirming, tpv, comercio electrónico, negocio internacional, etc.
Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos. Destacan, entre outros: Cóntaa Expansión Negocios, un pack especialmente deseñado á medida de calquera comercio, negocio ou traballador autónomo que reúne toda unha serie de vantaxes – conta sen comisión de administración nin mantemento, transferencias nacionais vía BS Online e ingreso de cheques gratuíto, BS Online e BS Móbil gratuito, tarxetas de crédito e débito gratuítas, e inclúe TPV e póliza de crédito en condicións preferentes, e para os seus gastos persoais os socios dispoñerán da póliza de crédito profesional, que lles permitirá dispoñer dun crédito para os seus gastos sempre que o necesite, sen comisión de estudo, nin comisión de non disposición e a un tipo de interese preferente, xunto a produtos de aforro-investimento con tipos de interese bonificados e máxima rendabilidade fiscal.
Coa firma deste acordo SabadellGallego reafírmase no seu apoio a colectivos profesionais, ata a data, SabadellGallego leva asinados preto de cen convenios con asociacións empresariais galegas, o que permite que máis dos 80.000 socios e/ou colexiados que integran esas asociacións poidan beneficiarse das vantaxosas condicións de contratación do amplo catálogo de produtos e servizos do Banco.
O acordo foi asinado polo presidente da Asociación, José Caros Paleo López e por parte de SabadellGallego, Juan José Varela Leis, Director da Zona de Lugo. No acto da firma acompañáronlles por parte de SabadellGallego, Daniel García Pérez, Director da oficina de Foz e o director de Colectivos Profesionais, Fernando J. Miranda Rodríguez.