BARREIROS .- O BNG de Barreiros lamenta que “á alcaldía se lle esquecera, entendemos que se lle debeu esquecer, facer unha acto de recepción ou de despedida oficial aos nenos saharauis que estiveron en Barreiros estes dous meses gozando do programa Vacacións en paz, no que curiosamente colabora o Concello de Barreiros e veu colaborando xa durante todos destes anos xunto coa asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui”, explica Antonio Veiga.
O voceiro nacionalista asegura que “estes nenos, que foron tres, nós entendemos que non son só uns nenos que están de vacacións aquí, son dun pobo que está nunhas condicións moi especiais, un pobo cuxo proceso de descolonización quedou truncado por motivos políticos que todos coñecemos. É un pobo que resiste pacificamente durante 30 anos no deserto; por iso digo que non son uns nenos que están aquí de vacacións, non é unha cuestión humanitaria porque esto non é por ningunha catástrofe natural; este problema do Sáhara ten unha raíz política”. Veiga Outeiro lamenta que “o Concello, o alcalde ou algún concelleiro, polo menos, lles fixera algunha recepción cando chegaron ou, como fixeron outros concellos, se lles faga despedida cando se marchan para mostrar a solidariedade de todos os barreirrenses con ese pobo do que os nenos son os representantes polo mundo, por diversos países a onde van gozar desas vacacións”.
Concello de vacacións
No BNG entenden “que o Concello de Barreiros si que debe seguir de vacacións en paz, se se me permite esa comparación, porque despois de mais dun ano de que este novo grupo de goberno chegara á alcaldía, ao Concello de Barreiros, non vemos ningún proxecto novo, obras pendentes que se iniciaron con moita ansia semanas antes das eleccións e que seguen sin facerse e curiosamente a única cousa que se poñen a facer fana mal. Dos orzamentos para este ano 2008, non hai mais que ver o que dixo Intervención a este respecto desa chapuza de orzamentos que Alfonso Fuente e Jose Rojo presentaron no mes pasado”.
Antonio Veiga dille ao Concello de Barreiros “que remate xa as súas vacacións, porque non é normal que sete concelleiros estean ao mesmo tempo de vacacións, e que se poñan a facer algo por este concello e que inicien eses proxectos que tanto anunciaron e que os barreirenses aínda seguimos agardando por eles”.
O BNG de Barreiros critica que o concello non ofrecese actos aos nenos saharauis
O BNG de Barreiros critica que o concello non ofrecese actos aos nenos saharauis
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña