Acia/CCA Foz entregoulle a Inmaculada Naray Lousas 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao longo das vindeiras semanas. Ela foi a persoa que cantou o bingo no segundo sorteo do Campañazo de xaneiro, que tivo lugar o pasado día 9. Inmaculada Naray recibiu o premio en Xoyma, que foi o local desde o que cantou o seu cartón. Nesta cita houbo outros premiados que tamén recibiron da man de Acia/CCA Foz os seus agasallos nas últimas horas. Mañá, venres, celebrarase ás 23 horas o terceiro sorteo do Campañazo do presente mes de xaneiro. En xogo estarán outros 300 euros, que serán para o primeiro que cante o bingo.
Inmaculada Naray obtivo 300 euros en vales de compra na ACIA/CCA Foz
Inmaculada Naray obtivo 300 euros en vales de compra na ACIA/CCA Foz
Relacionado
-
Continúan os Brincos de Lecer de Cervo
-
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, asistiu este xoves no Castelo de Castrodouro de Alfoz á presentación do libro Dá vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia
-
Susto en Celeiro por unha pota esquecida no lume