Unha das mellores novelas da historia da nosa literatura, levada ao cinema por Ignacio Vilar, será proxectada, da man de Galiza Nova Viveiro-Xove, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o venres 2 e o sábado 3 ás 20.00 horas. A apertura de taquilla é ás 19.00 horas e a entrada a 5€, (3€ para estudantes e xubilados). Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris” e Karra Elejalde, entre outros, dan vida á novela de Blanco Amor dun xeito tremendamente exitoso, como demostran os 34.000 espectadores en menos dun mes nos cines. Sen dúbida, será un bo plan para comezar o ano.
O cine volve a Viveiro co 2015
O cine volve a Viveiro co 2015
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro