Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS e PREGUNTAS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1º) As vivendas da Rúa Atalaya nº 29 e 33 na parroquia de Celeiro, que por defecto no primeiro e falta no segundo dos respectivos canalóns, o que provoca que nos días de choiva ocasionen molestias ós viandantes que transitan por esta rúa. Por esta razón ROGAMOS á Sra. Alcadesa que inste ós donos ou herdeiros destas vivendas para que procedan ó arranxo dos mencionados canalóns.
2º) Dado o mal aspecto que presentan, como consecuencia da maleza acumulada, e dado que o seu mantenemento e competencia municipal e polo que ROGAMOS á Sra. Alcadesa que se proceda á limpeza da pista e camiños públicos conocidos como A Costa e camiño de Meira en Celeiro, Camiño de Cerviño en San Pedro, Camiño da Vía de Pénjamo as Nogueiras, e o Camiño desde a rúa Tilleira nº1 ata as vivendas sociais de Valdeflores en Magazos.
3º) Debido ó mal aspecto que presentan, ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que se reparen as reixas de canaletas de auga soltas no aparcamento situado detrás do antiguo centro comarcal e ó lado do parque infantil e a Gardería municipal en Lodeiro, polo risco que poden ocasionar tanto para os nenos como para as persoas maiores.
Preguntas
1º) Na Avd. Cantarrana en Covas ( Extrada LU-862 ) , un barrio no que hai un bo número de pequenos e medianos empresarios relacionados coa hostelería e outro tipos de comercios, só atopamos unha zona reservada de carga e descarga fronte ó Edificio Parquemar 2, zona pintada a que só lle falta a colocación dos sinais verticais que indiquen o horario para dito uso. Por esta razón PREGUNTAMOS á Alcaldesa:
1. Vaise utilizar esta zona como carga e descarga definitivamente?
2 Hai outras alternativas para cubrir a falta de zonas de carga e descarga na Avda. Cantarrana de Covas?
2º) Veciños do Barrio do Pontigo na parroquia de Galdo informaronnos que no río que discurre desde o Rego da Feira á Ponte de Cal ( á altura do citado barrio ) desprendeuse unha pedra de gran tamaño das que forman o muro de contención que está pegado á estrada LU-P-6602 de Magazos a Bravos. Debido ás importantes dimensións da citada pedra, esta ocupa parte do cauce do río, motivo que pode provocar un serio risco de inundacións para as vivendas deste Barrio en caso de choiva abundante, tal e como ten sucedido non hai moito.
Por todo isto PREGUNTAMOS á Alcaldesa:
1. Ten coñecemento o Goberno local desta situación?
2. En caso afirmativo, que medidas se van a tomar para arranxar esta situación?