Lugo 28 de decembro de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou este domingo que o grupo provincial popular levará ao pleno da Deputación do vindeiro martes, unha moción, na que insta ao Padroado da Fundación TIC a que desenvolva varias actividades.
Neste senso, os populares propoñen a Gómez Besteiro, diversas iniciativas para que desenvolva dita Fundación. Ditas actividades son: unha oferta de actividades formativas audiovisuais nos colexios da provincia, a posta en marcha en tódolos municipios lucenses de cursos de formación sobre fotografía e vídeo, establecendo un mínimo de alumnos por actividade, que a Fundación TIC leve a cabo actividades de difusión culturais en tódalas administracións locais en base a criterios de imparciabilidade e non discriminación e que, deste xeito, se elaboren vídeos publicitarios de tódolos Concellos como ferramenta de axuda para a promoción do turismo lucense. Nesta mesma liña, os populares propoñen dinamizar tanto turísticamente como economicamente a provincia, que se reactive a Lugo Filmcomission.
Os populares lembran que segundo os estatutos que regulan a Fundación TIC, ten que fomentar, promover e levar a cabo actividades dirixidas ao fomento da educación, da investigación e do desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, así coma o impulso e a consolidación da denominada sociedade do coñecemento ou da información, de xeito que se contribúa a mellorar a formación relativa a estas tecnoloxías na provincia de Lugo.