NOTA DE PRENSA
O GMPP solicita modificacións na política medioambiental do concello.
Afirma que a campaña de cinseiros nas praias non é nova e chega tarde.
Os populares reiteran que o alcalde debe cumplir o que dice e facer cumplir as ordenanzas medioambientais.
O GMPP de Burela considera que a política medioambiental do bigoberno precisa de modificacións que a faigan máis áxil e máis eficaz, porque por un lado hai actuacións boas ás que non se lles saca proveito polo momento en que se fan, e por outro non se cumple o que se anuncia e tampouco se cumple a normativa legal vixente.
Así, os populares recoñecen a bondade da campaña de distribución de cinseiros nas praias, que fora posta en marcha polo PP no ano 2005. Os populares, que aseguran que quedaron cinseiros dabondo no concello no relevo do goberno municipal, consideran que esta campaña, este verán, chega tarde, porque se fai a mediados de agosto, cando tiña que terse organizado xa a primeiros de xullo para que fose realmente eficaz, porque en mes e medio de verán xa se tiraron colillas dabondo na area das praias.
O GMPP pón outro exemplo de actuación pouco eficaz: a xestión da Axenda 21, que leva paralizada desde principios de 2008. En cambio, consideran positivo que non se continuase coa idea de facer praia para cans a praia de Penoural, idea que foa plantexada hai un ano polo bigoberno, supoñemos que co asentemento do alcalde porque este non dixo nada.
Igualmente, o GMPP considera que os carteis anunciadores da Feira de Antigüidades non deberían estar colocados nos báculos do alumiado público, porque o propio Concello non pode dar unha imaxe tan desagradable e agresiva; mesmo incumplen a propia ordenanza municipal de medio ambiente, e xa é grave que o propio concello, por acción, incumpla a súa propia normativa e ataque ó moviliario urbano, o que demostra unha despreocupación absoluta polos cartos públicos.
Os populares tamén denuncian unha situación que se vén dando desde hai aproximadamente un mes. En certos lugares e rúas da vila, como por exemplo fronte a áreas comerciais ou no edificio da Praza de Abastos, son habituais os cheiros pestilentos, a presencia incontrolada de certos restos de lixo, e mesmo a presencia de cans con mui pouca ou ningunha vixiancia e control, o que trae consigo as protestas dos cidadáns, como o propio Grupo Municipal Popular tén contrastado, ante a pasividade total do alcalde, máxima autoridade en materia medioambiental. Neste caso, o GMPP tamén constatou chamadas de cidadáns á propia policía municipal; a resposta foi clara: a policía municipal non actúa porque non tén ningún mandado da alcaldía.
Os populares lembran que a obriga de calquer alcalde que se precie é facer cumpliar a normativa municpal en materia medioambiental. Por desgracia, non é o caso do noso alcalde que, ademais de non “preciarse”, caracterízase por “estar fóra de servicio”, agora e sempre; un alcalde ó que non lle importa moito o concello, que non cumple o que di, como é o caso da finca do Parque do Campón, onde hai un problema real de saúde pública. Hai máis dun mes que dixo que se ía arranxar este problema, pero o problema continúa, e os veciños estano a sufrir cando fai máis calor, sabendo que o alcalde, ante tal situación, pode actuar inmediatamente de oficio.
Polo tanto, desde o GMPP pídese que se tomen medidas inmediatas para que as actuacións que se leven a cabo en materia medioambiental sexan realmente eficaces e non feitas para sair na prensa, como está a acontecer, e que desde a alcaldía se cumpla o que se di e se cumpla coa ordenanza de medio ambiente, en vigor desde o ano 1999, e que fora consensuada por todos os grupos políticos, xa que o alcalde está para cumplir a lei e a normativa.