LUGO .- A xunta de goberno da Deputación acordou investir preto de 2 millóns de euros no “Plan integral de sinalización viaria da provincia” que inclúe a colocación de biondas. Según indicou o voceiro do grupo socialista, Antonio Gato, “o obxectivo é mellorar a seguridade vial nas estradas da Deputación que, con 4.200 quilómetros de estradas, ten a rede provincial máis extensa de España e representa o 45 por cento da de toda Galicia”.
NOTA DE PRENSA
A Deputación investirá preto de 2 millóns de euros na sinalización das estradas provincias
– A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto para mellorar as prácticas agrícolas e reducir o impacto dos residuos gandeiros
– Gato anunciou que se vén de contratar un estudo técnico-xurídico sobre a contratación de enerxía eléctrica que “supoñerá un aforro ós Concellos”
A Deputación investirá preto de 2 millóns de euros no primeiro Plan integral de sinalización viaria da provincia que inclúe a colocación de biondas. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, afirmou, trala reunión da Xunta de Goberno deste venres, que “o obxectivo é mellorar a seguridade vial nas estradas da Deputación que, con 4.200 quilómetros de estradas, ten a rede provincial máis extensa de España e representa o 45% da de toda Galicia”.
O Goberno provincial adxudicou provisionalmente estes traballos por 1.812.360. Ademais das biondas, incluirá a sinalización horizontal, vertical, instalación de balizas para neve e hitos quilométricos.
Boas prácticas agrogandeiras
A Deputación levará a cabo accións formativas dirixidas a agricultores e gandeiros para mellorar as súas prácticas agrícolas e conseguir unha diminución dos impactos da carga gandeira. Iste é o obxectivo dun proxecto incluído no programa europeo LugO2 que foi adxudicado provisionalmente por un importe de 179.293 euros. O voceiro do grupo socialista, Antonio Gato, destacou a importancia que esta iniciativa ten para o sector xa que “ten entre os seus principais obxectivos reducir as cantidades de residuos producidos e empregar o purín como fertilizante para os cultivos e a obtención de compost”. O ámbito de actuación serán as tres Reservas da Biosfera e o Courel.
Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace á subvención de 33.881 euros da Consellería de Traballo para a realización das accións de actividades de formación, orientación e busca de emprego e aprobouse a conta xustificativa dunha obra incluída no Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais correspondente ó ano 2008. O presupoto do proxecto é de 12.500 euros, dos que a Deputación achegou 9.375.
Aforro ós Concellos
Antonio Gato tamén anunciou que se vén de contratar a realización dun estudo técnico-xurídico sobre as posibilidades que se derivan do Real Decreto no que se establece a liberalización do mercado eléctrico. “Comos saben, a Deputación emprendeu unha nova acción destinada ó aforro dos Concellos como é que, dentro do marco dese decreto, poidamos proceder á contratación de enerxía eléctrica a todas aquelas Entidades Locais que deleguen esa posibilidade na Deputación”.
O voceiro do grupo de goberno tamén destacou que hoxe o Boletín Oficial da Provincia publica un concurso para a contratación dos traballos de actualización dos datos catastrais dos Concellos da provincia. “Desde o momento no que se adxudique, a Deputación farase cargo da actualización dos datos do IBI. Isto permitirá aforros importantes, xa que na actualidade os Concellos realizan de forma individualizada á contratación deses traballos”, apuntou Gato Soengas