O Casino de Viveiro acolle o venres 24 de outubro a conferencia do investigador de historia naval e mergullador membro da Real Liga Naval Española, Yago Abilleira Crespo sobre a “Historia da fragata Magdalena e o bergantín Palomo” a partir das 20.30 horas. Sábese que a fragata Magdalena e o bergantín Palomo naufragaron na Ría de Viveiro. O que normalmente se descoñece é a historia de ambos barcos, como se deseñaron e construiron, con que estaban armados, que lles ocurriu durante a súa vida operativa, por que afundiron en Viveiro e que queda deles no fondo do mar. Estas e outras cuestións falará Abilleira Crespo na cidade do Landro.
Conferencia sobre a “historia da fragata Magdalena e o bergantín Palomo” en Viveiro
Conferencia sobre a “historia da fragata Magdalena e o bergantín Palomo” en Viveiro
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro