Este sábado 11 de outubro os senderistas de Pasada das Cabras desprazáronse á Ribeira Sacra, para percorrer un tramo a ruta PRG-157, empezando en Lampaza (Vilar de Mouros) e finalizando en Augasmestas/Parada de Lor, ó longo do Canón do Sil onde puideron ver marabillosas paisaxes con albedros cargados de froitos maduros, sobreiras, aciñeiras, castiñeiros e carballos centenarios, e chopos que presentaban os primeiros amarelos do outono. Dende o miradoiro de Cubela pódese ver o Meandro da Cubela, elementos etnográficos como aldeas abandonadas: Froxende, Barxa, Parada e Vilar de Mouros, o complexo turístico hoxe abandonado de Augasmestas, xa preto da aldea abandonada de Parada, etc. Destacaron o Conxunto Etnográfico de Abelaira de Vilachá, con numerosas adegas tradicionais que forman unha unidade nun lugar con tradición milenaria na produción vinícola, onde a presidenta do Consello Regulador Purificación Díaz Ferreiro, a dona da adega que produce o Mencía “Val de Frades”, os agasallou cuns saborosos aperitivos e unha cata-degustación da súa marca vinícola. Ademais fixemos unha visita guiada pola adega e o museo deste conxunto etnográfico.
Pasada das Cabras nos Canóns do Sil
Pasada das Cabras nos Canóns do Sil
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería