Non son poucos os proxenitores que están a desexar que chegue a data do comezo do curso escolar para endosar os seus xermolos aos profesores e poder dedicarlle máis tempo outras tarefas alleas á paternidade.
Na sociedade que vivimos o tempo adicado aos fillos está devorado polo que se emprega noutras actividades, sobre todo se tes un traballo. Roubarche tempo para dedicar aos teus fillos é unha forma sinxela de desestabilizar a túa relación de parella e lograr que te separes,
Pero delegar case totalmente a educación dos fillos nos profesores e un erro terrible. Non porque non poden, senón porque non é o seu traballo. A misión dos profesores é axudar ao desenvolvemento intelectual dos nenos, achegarlles a cultura e manter os valores que xa deben traer inculcados da súa casa.
Moitas veces confúndese a educación e a cultura. Adóitanse mostrar como un tándem indivisible. De modo que se pensa que alá onde vai unha, vai a outra. Pero non é así.
Coñecín os dous extremos posibles: persoas incultas cunha educación exquisita, un ejemplo o Barreiro de Viveiro “Bacalao” e persoas cunha cultura elevada adornada cunha mala educación irritante., por ejemplo o Inspector e xefe de Inspección que estan desfacendo o prestixio do instituto Vilar ponte de Viveiro co seu abuso de poder. E entre eses dous extremos conviven todas as combinacións posibles, nunha variada gama de acertos e despropósitos.
A cultura non é ningunha garantía de educación. Os coñecementos que se acumulen e o desenvolvemento de capacidades intelectuais non van necesariamente da man doutro valores como respecto, honestidade, tolerancia, responsabilidade, sinceridade, humildade (pero sen pasarse para evitar que se use como ferramenta de manipulación) ou xustiza. En definitiva, trazos que ao posuidor destes lle permitirán escoitar os demais, non ensuciar o chan ou o aire con berros estentóreos, por poñer uns poucos exemplos. En definitiva un civismo que non só facilitarán a convivencia cos que lle rodean, se non que lle posibilitan para saber estar en calquera lugar e situación.
Puiden comprobar do mesmo modo que a educación nada ten que ver coa relixión, a procedencia social, ou se o individuo é unha boa ou mala persoa. Coñecín fillos da gran puta cunha educación exquisita. Así como persoas de diferentes credos relixiosos que poñerían en fuga un cortello de porcos, mesmo ateos insoportables. Ningunha calidade garante a educación.
A educación úlese no ámbito familiar, afiánzase no día a día dun neno que imita os modelos que ten máis próximos. A mellor forma de que un pequeno adquira educación non é recitándolle normas para que as aprenda de memoria ou recriminándolle malas condutas, se non sendo os adultos o modelo a imitar. De nada serve insistir a un neno sobre que faga determinadas cousas se ve que nós non cumprimos cos nosos propios preceptos.
Non é unha tarefa sinxela educar os fillos, a sociedade empéñase en poñer todas as trabas posibles e por se fose pouco La educación empeza cando remata a fame.
Otero Regal.